PLAN LECTOR



     Este derradeiro venres do mes de Novembro, celebramos unha actividade de animación á lectura. Participaron todos os nenos do Colexio. A actividade consiste en facer unha proposta de lectura a través dun "LECTAURANTE", a partir dunha suculenta carta, os nenos van escollendo os distintos pratos, servidos polos profes que caracterizados de cociñeiros e camareiros, motivan aos nenos a que lean. Unha vez finalizada a "paparota" os nenos de infantil colorean unha ficha e os nenos de primaria cubren unhas  fichas nas que deberán destacar o que lles pareceu máis salientable de todo o menú. É unha actividade moi motivadora, tanto para alumnos como para profesores.